Boletín Informativo das 09:00 horas do día 13/06/2018 | Axega

Noticias destacadas no período comprendido entre as 18:00 e as 08:00 horas

Falece un motorista tras unha colisión en Vigo

Un motorista morreu esta mañá tras colidir o seu vehículo cun coche na Rúa Pi e Margall, en Vigo.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo coñecemento do suceso ás 8:30 horas de hoxe mediante a chamada de varios veciños que alertaban dun motorista tendido da vía despois de colidir o seu vehículo cun turismo. O sinistro mortal produciuse na Rúa Pi e Margall, concretamente na confluencia coa Rúa Chile, ata onde se desprazou un equipo do 061-Urxencias Sanitarias que nada puideron facer por salvar a vida do motorista.

Pola súa banda, os xestores do 112 Galicia informaron, ademais, aos axentes da Policía Local e aos bombeiros da cidade, que descartaron intervir en canto puideron confirmar que a vítima estaba liberada e accesible.