Noticias destacadas no período comprendido entre as 08:00 e as 12:00 horas

Os servizos de emerxencias colaboran para o rescate dunha muller que sufriu unha caída no monte

Os servizos de emerxencias rescataron esta mañá a unha muller que sufriu unha caída cando se atopaba nunha zona illada do Lugar de San Breixo, no concello pontevedrés de Covelo.

Para poder acceder á ferida, foi necesario un vehículo especializado da Garda Civil coa colaboración dos voluntarios de Protección Civil de Oitavén-Tea. Preto da aldea, agardaba unha ambulancia para ofrecer á doente os primeiros coidados debido á posible fractura de perna que presentaba.

O 112 Galicia activou o operativo ás 9:40 horas de hoxe tras a alerta recibida por parte dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, que precisaban de máis medios para poder achegarse á muller de avanzada lesionada tras unha caída fortuita no monte.