Alerta e se fose preciso sae ao exterior

incendio doméstico

A mellor forma de protexerse cando se produce un incendio no fogar é manter as fiestras pechadas, pois as correntes de aire avivan o lume. Ademais, se detectas que o incendio afecta á instalación eléctrica, debes cortala canto antes. E se ves que podes usar un extintor, lembra que as lapas deben sufocarse dende a súa base. Tamén,

 
-        Se a estancia está chea de fume, agóchate e avanza a ras do chan ata a saída máis próxima, xa que a temperatura é máis baixa e o aire máis limpo
-        Se prende lume na roupa dunha persoa, faina rodar polo chan
-        Se te atopas no interior dun lugar público, alerta e procede á evacuación polas saídas de emerxencias. Non uses o ascensor
-        Se o que prendeu foi un líquido inflamable, aplica panos húmidos
-        Se o lume está no interior dun recipiente, tápao