Escuchar
domingo, 24 Xuño, 2018

Un veciño de Negreira apareceu falecido no monte despois de que a súa familia o estivese buscando esta mañá. 

Un membro da familia púxose en contacto co 112 Galicia ás 14:30 horas de hoxe para informar da desaparición do home de 90 anos, que viron por última vez ás 10:30 horas desta mañá dando un paseo. Así, desde o 112, avisouse á Garda Civil e aos membros do GES de Brión, mais, apenas uns minutos despois, a familia volvía a contactar para informar de que o home apareceu falecido preto da casa, na parroquia de Broño.