Escuchar
sábado, 21 Abril, 2018

Un incendio declarado esta mañá nunha cabana anexa a unha vivenda nas Pontes de García Rodríguez provocou que ardese a construción, sen que ningunha persoa resultase ferida. Sucedeu no lugar de Badón, á altura do número 1.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos a través da alerta dunha persoa particular ás 7:05 horas.

Nese momento, dende o CIAE púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros do Eume, da Garda Civil e de Protección Civil.

Xa sufocado o incendio, os servizos de emerxencias refrixeraron a zona para evitar a reactivación do lume, que deixou a cabana calcinada na súa totalidade.