A Axega activa o ARIEM 112 para a busca dunha persoa no río Miño que falta dende onte | Axega

Escuchar
domingo, 22 Abril, 2018

A Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), a través do CIAE 112 Galicia, activou a primeira hora desta mañá o protocolo de colaboración transfronteiriza en caso de emerxencia, ARIEM 112, para tratar de localizar a unha persoa que buscan dende onte na parte portuguesa do río Miño.

Neste momento, efectivos da Comandancia Naval do río Miño xunto cos medios portugueses rastrexan, augas abaixo, a zona de Arbo. Mentres, por terra, axentes da Garda Civil colaboran na procura da persoa desaparecida.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, está previsto que pola tarde se incorpore unha unidade de mergulladores da Comandancia Naval.