Boletín informativo das 13:00 horas do día 14/01/18

domingo, 14 Xaneiro, 2018 - 13:00
Noticias destacadas no período comprendido entre as 08:00 e as 12:00 horas

Un accidente en Vigo entre dous turismos e dous vehículos da Garda Civil de Tráfico deixa unha muller ferida
 

Un accidente en Vigo no que se viron implicados catro turismos, dous deles da Garda Civil de Tráfico, saldouse cunha muller ferida. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, os axentes atopábanse asistindo un sinistro no punto quilométrico 12 da VG-20 en dirección a Baiona cando un turismo, que circulaba no outro sentido da autovía, colisionou cun coche da Garda Civil de Tráfico.

 

O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido ás 10:00 horas, a través do aviso dun dos axentes que se atopaban no lugar do accidente. Indicaba que había unha muller ferida que necesitaba asistencia médica.

 

Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias e dos Bombeiros de Vigo.