Escuchar

Ferido o condutor dun vehículo despois de envorcar en Culleredo

Un condutor resultou ferido tras envorcar co seu vehículo en Culleredo. O accidente ocorreu  á altura do número 43 da Rúa Rumbo, en Celas. O alertante que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda, pasados uns minutos das 22:00 horas de onte, indicaba que o condutor non saía do interior do turismo, polo que posiblemente, serían precisos medios de excarceración.

 Por iso, ademais de poñer en alerta aos Bombeiros de Arteixo, dende o 112 Galicia pasouse aviso tamén a Urxencias Médicas, Garda Civil de Tráfico e á Policía Local.  

Unha vez chegados ao punto, os membros do parque comarcal confirmaron que non foi precisa a excarceración do ferido que foi evacuado polo persoal sanitario.