Escuchar

Un incendio rexistrado nunha cafetería de Ponteareas saldouse cunha  persoa ferida

Unha persoa resultou ferida por mor dun incendio rexistrado nunha cafetería en Ponteareas. Foi trasladada ao Povisa polos servizos de Urxencias Médicas. O lume, que se orixinou nunha frixideira, causou danos no mobiliario do establecemento situado na Praza do Concello. A primeira planta do edificio e unha cafetería contigua tamén quedaron afectadas polo fume. Un particular alertaba do incendio ao Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia ás 09:00 horas.

Unha dotación dos Bombeiros de Ponteareas desprazouse ata o lugar. Extinguiron o lume e levaron a cabo labores de ventilación e medicións.

O CAE 112 Galicia informou, tamén, á Policía Local e a Protección Civil.

 

Trasladado en helicóptero un traballador que quedou atrapado en Mos

O helicóptero medicalizado con base en Ourense trasladou a un traballador que quedou atrapado polas pernas en Mos. As extremidades inferiores do home quedaron baixo un palé duns 1800 kilos. Os feitos tiveron lugar nunha nave do polígono Monte Faquiña. Urxencias médicas informou  do acontecido ao CAE 112 Galicia ás 11:00 horas.  

Ata o punto desprazáronse os Bombeiros do Baixo Miño cun equipo de excarceración e liberaron ao varón. Posteriormente, foi trasladado no helicóptero.

Dende o 112 Galicia informouse, tamén, á Garda Civil, á Policía Local e a Protección Civil.