Escuchar

Falece unha persoa nun incendio declarado nunha casa no Irixo

Unha persoa perdeu a vida esta mañá nun incendio rexistrado nunha casa no Irixo. O lume declarouse nunha habitación do inmoble, onde os Bombeiros do Carballiño atoparon o cadáver da persoa. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, soamente ardeu dita estancia.

Os feitos ocorreron no lugar de Lagorzos, na parroquia de San Cosmede de Cusanca. A vivenda consta dun soto onde está o garaxe, o primeiro andar e o ático.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos a través da alerta dun particular ao fío das 7:15 horas. Indicaba que as outras dúas persoas que viven na casa estaban fóra.

Acto seguido, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasábase o aviso aos Bombeiros, á Garda Civil, a Protección Civil do Carballiño e ao 061-Urxencias Sanitarias.

Polo momento descoñécense as causas que provocaron o incendio.