Escuchar

Unha persoa ferida nunha saída de vía en Bergondo

Unha persoa resultou ferida esta mañá en Bergondo ao saírse da vía o coche no que viaxaba. O accidente tivo lugar no punto quilométrico 581 da N-VI.

Un particular contactaba co 112 Galicia ao fío das 9:35 horas para alertar do sinistro.

Decontado, o persoal do CIAE pasaba o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, a Protección Civil, á Garda Civil de Tráfico e ao servizo de mantemento da estrada.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o vehículo accidentado atopábase fóra da vía, polo que a circulación permaneceu aberta en todo momento.