Escuchar

Atropelan a unha muller cando trataban de esquivar outro vehículo que lles viña de fronte

Un coche atropelou a unha muller ao tratar de esquivar a outro vehículo que invadiu o seu carril. Ocorreu ás 11:40 horas de hoxe na Avenida dos Almendros, no polígono coruñés de Pocomaco. Foi o condutor do vehículo que atropelou á señora quen se puxo en contacto co 112 Galicia. Asegurou que bateron contra a muller ao intentar evitar outro vehículo que lles viña de cara. Ata o lugar do accidente, se desprazaron os profesionais de Urxencias Médicas, os axentes da Policía Local e os bombeiros da cidade.

 

Un home caeu nas rochas mentres pescaba en Ribadeo 

Os Bombeiros de Barreiros rescataron esta mañá a un home que caeu nas rochas mentres pescada. Sucedeu pouco despois das 11:00 horas, no paseo que vai dende o Porto de Ribadeo á Illa de Pancha. Varios traballadores do porto se achegaron ao lugar cunha embarcación pneumática, pero o rescate por mar foi imposible. Así, acudiron por terra os Bombeiros de Barreiros que, finalmente, lograron sacar ao ferido das rochas. Unha vez a salvo, foi trasladado ao hospital de referencia por unha ambulancia de Urxencias Médicas. Ademais dos bombeiros e os servizos sanitarios, os xestores do 112 Galicia informaron aos axentes da Policía Local.