Escuchar
Un accidente entre un autobús e un coche deixa un ferido en Ferrol
Un accidente entre un autobús e un coche saldouse cun ferido en Ferrol. O autobús realizaba a ruta Porto-Caranza-Residencia e levaba 10 persoas cando colidiu contra o turismo. Un dos seu ocupantes caeu do asento e resultou ferido polo que foi trasladado ao Hospital Arquitecto Macide de Ferrol. A chamada do condutor do autobús as 11:24 horas da mañá alertaba ao CAE 112 Galicia que informaba a Urxencias Médicas, a Policía Local e a Protección Civil de Ferrol.
 
Os servizos de emerxencia tratan de controlar o vertido dun camión envorcado en Barreiros
Un camión que transporta roca de aluminio envorcou na localidade de Barreiros, en Lugo, na rotonda de acceso a autovía. O condutor resultou ferido e está sendo trasladado ao Hospital. O camión está vertendo nestes intres gasoil e hai restos da carga na estrada. O contido do camión, de entre 20 y 21 toneladas, pode emitir gases tóxicos se entra en contacto coa auga, polo que os Bombeiros estanse a encargar de botar terra sobre o vertido, para controlalo. A chamada dun particular as 13:04 horas desta mañá alertou ao CAE 112 Galicia que puxo a información en mans de Urxencias Médicas, Bombeiros e Protección Civil de Barreiros, ademais da Garda Civil e o Centro de Xestión de Tráfico de Lugo.