Escuchar
xoves, 14 Xuño, 2018

Dúas persoas que viaxaban no interior dun autobús urbano resultaron feridas leves esta tarde en Santiago ao producirse un accidente de tráfico no que tamén se viu implicado un coche. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o autobús freou bruscamente despois de que o turismo atravesase o carril no que circulaba o coche de liña na rotonda situada á altura da Estación de Ferrocarril.

Foi un pasaxeiro do autobús quen alertou do accidente ao 112 Galicia ás 17:30 horas e, nada máis recibir o aviso, dende o CIAE 112 Galicia se puxo a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Policía Local, dos Bombeiros de Santiago e de Protección Civil.