Escuchar
mércores, 17 Outubro, 2018

Dúas persoas resultaron feridas esta tarde en Santiago de Compostela nunha colisión na que se viron implicados dous turismos e un microbús, que no momento do impacto circulaba sen pasaxeiros. Segundo puido saber o 112 Galicia, as dúas vítimas tiveron que ser trasladadas ao Hospital A Rosaleda.

O accidente tivo lugar na AC-543, á altura da parroquia de Laraño, ao fío das 15:25 horas.

Nese momento, unha das persoas implicadas no sinistro contactaba co 112 Galicia para alertar do choque e, decontado, o persoal do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Policía Local, da Garda Civil de Tráfico, de Protección Civil, dos Bombeiros de Santiago e do servizo de mantemento da estrada.