Escuchar
venres, 19 Outubro, 2018

Un incendio declarado a pasada noite nun restaurante en Vigo provocou danos no seu interior, sen que ningunha persoa resultase ferida. Iso si, segundo a información facilitada ao 112 Galicia, unhas dez persoas tiveron que ser desaloxadas como medida de prevención.

O incendio, que tivo lugar ao fío das 23:40 horas, deixou danos nos cables do falso teito do comedor.

Unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para alertar de fume dentro do local, que está situado na rúa Vía Norte, á altura do número 40.

Acto seguido, o persoal do 112 Galicia pasaba aviso aos Bombeiros de Vigo e á Policía Local.

Xa no restaurante, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Vigo atallaron o lume. Afortunadamente, ningunha persoa resultou ferida nin afectada.