Escuchar
mércores, 17 Outubro, 2018

Unha persoa faleceu despois de envorcar o vehículo no que viaxaba no concello lucense de Baleira.

O accidente ocorreu cando o turismo que circulaba á entrada do Polígono, pasados uns minutos das 02:00 horas desta madrugada, se saíu da vía e envorcou contra un valado. Ademais, outro ocupante do turismo tamén resultou ferido, segundo indicaron os servizos sanitarios ao 112 Galicia.

Nada mais ter coñecemento das dúas persoas no interior do vehículo, os xestores do 112 alertaron aos Bombeiros de Sarria, que decontado se desprazaron  ata o punto. Tamén, os axentes de Tráfico e os efectivos de Protección Civil da localidade foron informados dos feitos.

Unha vez no lugar, os Bombeiros comunicaron ao 112 que foi preciso que os servizos sanitarios rompesen  a cristaleira dianteira do vehículo para evacuar á persoa falecida.   

Varón flotando na auga
Tamén, onte, ao fío das 18:30 horas, o 112 Galicia recibía a alerta de varios particulares que informaban dunha persoa que non respondía ao final da praia Grande de Miño, ao pasar a caseta dos socorristas. Indicaban que a persoa estaba flotando na auga e, eles mesmos, retiraron ao varón da auga e trataron de reanimar.

Pese aos intentos de reanimación tanto das testemuñas como dos profesionais sanitarios que se desprazaron ao lugar, nada mais ser alertados polo 112 Galicia, nada se puido facer máis que confirmar o seu pasamento.

 Ao lugar, tamén se desprazaron os axentes da Garda Civil e da Policía Local despois de que o 112 Galicia solicitase a súa colaboración.