Escuchar
martes, 16 Outubro, 2018

Un home que circulaba nunha furgoneta faleceu esta tarde ao colidir contra un camión en San Cristovo de Cea. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, tanto o varón falecido coma o condutor do camión tiveron que ser excarcerados polos Bombeiros do Carballiño, ao quedar atrapados no interior dos vehículos accidentados.

O sinistro ocorreu na OU-504, á altura de San Fagundo, ao fío das 14:00 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do accidente.

Nada máis recibir o aviso, o persoal do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense. Do mesmo xeito, os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso aos Bombeiros do Carballiño e á Garda Civil de Tráfico.