Escuchar
mércores, 26 Setembro, 2018

Un motorista faleceu esta madrugada como consecuencia dunha caída na N-550, ao paso polo concello pontevedrés de Vilaboa.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o sinistro mortal produciuse ás 3:40 horas de hoxe á altura da parroquia de Figueirido. Alí acudiron os axentes da Garda Civil de Tráfico e persoal do equipo de limpeza e mantemento do Ministerio de Fomento para a retirada dos danos provocados polo impacto.

A vítima mortal do accidente estaba liberada e accesible, polo que descartouse a mobilización dos servizos de rescate e salvamento.

Atropelo en Sada
Ademais, unha muller foi atropelada na Avenida da Marina, en Sada. A alerta saltou no 112 Galicia ás 19:15 horas de onte mediante as chamadas de varios veciños que viron como un vehículo golpeaba a unha muller e saía despedida. Así o relataron aos xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, que, decontado, informaron aos profesionais sanitarios.

Tras recibir os primeiros coidados, a muller foi evacuada ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña para ser atendida das lesións provocadas polo impacto. Tamén, os servizos sanitarios contaron coa colaboración dos axentes da Policía Local.