Escuchar
venres, 9 Novembro, 2018

Un operario perdeu a vida esta tarde despois de precipitarse dun tellado no que traballaba en Frades. Sucedeu no lugar de Campo Duro, na parroquia de Céltigos, ao fío das 15:55 horas.

Nese momento, o 061-Urxencias Sanitarias contactaba co 112 Galicia para alertar do ocorrido.

Acto seguido, os xestores do 112 Galicia requiriron a intervención da Garda Civil.

Unha vez no punto, os efectivos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida ao traballador.