Escuchar
domingo, 29 Xullo, 2018

Un ciclista resultou ferido esta mañá en Teo ao caer do seu vehículo. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a persoa ferida circulaba con outros dous ciclistas, que tamén caeron na estrada ao chocar entre eles.

O accidente tivo lugar na AC-841, concretamente no punto quilométrico 11, ao fío das 8:25 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do ocorrido.

Acto seguido, dende o CIAE 112 Galicia pasábase o aviso á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil e ao 061-Urxencias Sanitarias, que mobilizou ata o lugar dos feitos o helicóptero medicalizado con base en Santiago.