Ilesas as corenta persoas evacuadas ao encaiar a embarcación coa que navegaban en Outes | Axega

Escuchar
venres, 10 Agosto, 2018

Os tripulantes dun barco de liña regular foi evacuada a pasada tarde despois de que encaiase a embarcación coa que navegaban na ría de Noia. En total foron corenta persoas as evacuadas, dez polos socorristas da praia de Broña e trinta pola embarcación da confraría.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, ningunha persoa precisou asistencia médica nin tampouco se produciu vertido de ningún tipo.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 19:40 horas da pasada tarde a través da chamada dos socorristas da praia de Broña, na que poñían en coñecemento da evacuación realizada.

A partir de aí, dende o CIAE 112 Galicia se informou a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia.