Escuchar
martes, 25 Setembro, 2018

Atopan debaixo dun tractor a un home falecido que a súa familia buscaba dende a tarde pasada en Friol (Lugo).

Foi precisamente a súa familia quen, á primeira hora desta mañá, atopou á vítima. Así o comunicaba persoal do 061, ás 06:30 horas, ao 112 Galicia. Indicaban que o home estaba atrapado debaixo do seu tractor, nunha finca da parroquia de  Ousá, polo que era necesario o uso do material de excarceración.  

Así, dende o 112 Galicia, nada mais recibir o aviso,  requiriuse a intervención dos Bombeiros de Vilalba, que decontado se desprazaron ata o lugar.  Así mesmo, solicitouse a colaboración dos axentes da Garda Civil, dos membros do GES de Guitiriz e de Protección Civil de Friol.