Rescatada unha muller que caeu nunha zona rochosa mentres practicaba sendeirismo na Pobra do Caramiñal | Axega

Escuchar
xoves, 9 Agosto, 2018

Os servizos de emerxencias acudiron esta tarde ao rescate dunha señora que resultou ferida despois de caer nunha zona rochosa cando practicaba sendeirismo na Pobra do Caramiñal.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a muller, que realizaba a ruta de San Xoán, foi evacuada nunha ambulancia tras ser rescatada nunha padiola entre os Bombeiros de Boiro, os Bombeiros de Ribeira e os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Pobra do Caramiñal.

O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido ás 14:15 horas, a través da chamada dunha persoa particular e, decontado, dende o CIAE 112 Galicia se pasou o aviso aos efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Boiro e Ribeira, á Policía Local, ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil e a Protección Civil.