Escuchar
venres, 12 Outubro, 2018

A salvo os ocupantes dun kayak que envorcou preto da Praia de Perbes en Miño.

Pouco despois das dúas desta tarde, o 112 Galicia recibiu unha chamada dun veciño que alertaba dunha moza pedindo axuda desde unha kayak envorcado. Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pasou o aviso a Salvamento Marítimo, que enviou ao lugar ao helicóptero Pesca I. Sen embargo, pouco despois confirmaba que unha embarcación próxima á zona acababa de recoller aos dous ocupantes do kayak e estaban a ser trasladados ao Porto de Sada en perfecto estado de saúde.

De este modo, anulouse a asistencia médica e outros medios de rescate e protección civil.