Escuchar
martes, 25 Setembro, 2018

Un operario resultou ferido grave en Valga despois de sufrir un accidente coa máquina, que nese momento manexaba.

Os feitos ocorreron pasadas as 09:30 horas desta mañá, nunha empresa situada en Campaña, no termo municipal pontevedrés de Valga.  Foi a esa hora, cando os servizos sanitarios do 061 informaban ao 112 das lesións producidas a un traballador ao que lle quedara un brazo atrapado nunha máquina. Indicaban que, aínda que o home xa fora liberado, debido á gravidade das lesións, o helicóptero medicalizado con base en Santiago desprazábase ata o lugar para evacuar ao ferido.

Así pois, dende o 112 Galicia solicitaron axiña a colaboración dos axentes da Garda Civil e dos membros do GES e de Protección Civil de Valga.

A aeronave trasladou ao ferido ata o centro hospitalario de referencia.