Escuchar
xoves, 14 Xuño, 2018

Un total de tres persoas resultaron feridas en dous accidentes de tráfico rexistrados esta mañá nos concellos de Carballo e Tordoia. 

O máis recente tivo lugar ás 10:40 horas na estrada de Santiago a Tablilla, ao paso polo concello de Tordoia, onde colidiron dous turismos. Para atender aos afectados, os xestores do 112 Galicia informaron aos servizos sanitarios de urxencia e solicitaron a intervención dos bombeiros de Ordes, debido a que un dos condutores tiña dificultades para saír do vehículo. De feito, saltáronlle os airbags e tiña problemas para retirar o cinturón de seguridade. 

Así, unha vez fóra do coche, o condutor puido ser atendido polos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, que o trasladaron ao centro médico de referencia. Finalmente, foi o único ferido neste accidente.

Ademais, apenas uns minutos antes, en Carballo, bateron un turismo e un camión cargado por un cento de bombonas de butano sen que se producisen danos na carga. Iso si, os condutores necesitaron asistencia médica e mesmo foron trasladados polos servizos sanitarios de urxencia ao centro médico de referencia.

O sinistro ocorreu na parroquia carballesa de Sofán e ata alí acudiron tamén os bombeiros da localidade, aínda que os feridos estaban liberados e accesibles.