Tres persoas trasladadas en Boiro, dous menores e un adulto, despois de saírse da vía o vehículo no que viaxaban | Axega

Escuchar
venres, 10 Agosto, 2018

Unha muller e os seus dous fillos resultaron feridos esta mañá despois de saírse da vía o vehículo no que viaxaban.

O accidente ocorreu sobre as 11:00 horas desta mañá cando o vehículo que circulaba á altura do lugar de Triñáns, en Abanqueiro, saíuse da vía e chocou contra o muro dunha casa. Así o indicaron os Bombeiros de Boiro, que acudiron ao punto nada mais ser alertados polo 112 Galicia. Así mesmo, segundo o seu relato, os  tres ocupantes estaban fora do vehículo polo que non foi preciso o uso do material de excarceración.

Tras recibir a alerta, os xestores do CIAE puxeron os feitos en coñecemento do persoal sanitario do 061, dos axentes de Tráfico, dos Bombeiros e dos efectivos de Protección Civil.