Escuchar
mércores, 18 Xullo, 2018

Unha muller de avanzada idade resultou ferida esta mañá tras ser alcanzada por un turismo que circulaba pola estrada de Cidáns, en Vigo.

Ocorreu ás 07:00 horas de hoxe, cando o vehículo atropelou á muller e, ademais, causou danos no mobiliario urbano. Foi un veciño quen contactou co 112 Galicia para informar do suceso, o que permitiu poñer en marcha un operativo no que interviñeron os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias e os axentes da Policía Local. 

Ademais das lesións provocadas á muller, o impacto causou danos no mobiliario, así, caeu un poste da luz e os cabos quedaron tirados na calzada.