Imaxe escoitar Escuchar
Miércoles, 21 Septiembre, 2022

O 112 Galicia tivo constancia na mañá de hoxe dun incidente que rematou cun varón falecido no concello ourensán de Oímbra. Segundo a información facilitada polo alertador, a vítima foi atopada próximo a un tractor e debeu sufrir un contratempo ao tratar de baixar do vehículo agrícola.

Foron os servizos sanitarios os que contactaron co 112 preto das 12:45 horas para informar da situación e solicitar a colaboración doutros equipos de intervención.

Así, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Verín e, co fin de aclarar as circunstancias do suceso, informaron tamén aos axentes da Garda Civil.

Tractor envorcado en Pontevedra
Por outra banda, na parroquia pontevedresa de Bora, un home resultou ferido de diversa consideración ao envorcar o seu tractor cando circulaba por unha zona de difícil acceso da súa propiedade. Malia estar liberado e accesible, era necesaria a coordinación entre os equipos de emerxencia para proporcionarlle unha evacuación segura.

O aviso ao 112 Galicia foi efectuado por unha persoa particular poucos minutos antes das doce e, nada máis ter constancia dos feitos, os xestores de emerxencia puxeron en marcha un operativo que contou coa intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Pontevedra e dos axentes da Policía Nacional.

Ademais, desde o 112 pasouse aviso igualmente aos membros da Policía Local, Garda Civil de Tráfico e aos efectivos de Protección Civil de Pontevedra.

facebook twitter instagram