Noticias destacadas no período comprendido entre as 08:00 e as 12:00 horas

A Unidade de Drons da AXEGA foi mobilizada para localizar a un octoxenario desaparecido en Friol

A Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) mobilizou, a través do 112 Galicia e a petición da Garda Civil, a Unidade de Drons, para incorporarse ao operativo de busca dun home que permanece en paradoiro descoñecido desde a mañá do pasado domingo, no lugar do Manxadoiro, na parroquia de Carballo.

O equipo de drons da AXEGA súmase así ao operativo para dar co home, que coordina a Garda Civil e no que tamén interveñen os efectivos do GES de Friol-Palas e os voluntarios de Protección Civil de Friol, Lugo e Palas de Rei.

O 112 Galicia recibiu a alerta da desaparición do octoxenario durante a noite do domingo, a través da Garda Civil.