Noticias destacadas no período comprendido entre as 08:00 e as 12:00 horas

Un home perde a vida en Aranga logo de sufrir un accidente co seu tractor

O vehículo envorcou e caeu por un desnivel no lugar de Mende.

Con todo, o acceso á vítima puido realizarse sen a necesidade de aplicar os recursos de excarceración.

Sobre as once desta mañá, o 112 Galicia recibiu o aviso a través dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, quen, ao chegaren ao lugar do accidente, atoparon o tractor envorcado nunha leira. Se ben o acceso ao condutor era doado, comprobaron que a persoa estaba xa falecida.

Igualmente, desde o 112, pediuse a colaboración dos Bombeiros de Betanzos, así como dos axentes da Garda Civil e dos membros do GES de Curtis.