Noticias destacadas no período comprendido entre as 08:00 e as 12:00 horas

Un home foi evacuado en helicóptero logo de caer dun tellado en Curtis

O ferido, de avanzada idade, estaba consciente coa chegada dos servizos de emerxencias, e o persoal sanitario evacuouno a bordo dun helicóptero medicalizado.

Precisamente, o aviso deste accidente chegou ao 112 Galicia a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que tivo constancia dun home que caera dun tellado no lugar do Castro, na parroquia de Foxados, minutos antes das 12 horas.

De inmediato, desde o 112 solicitouse a intervención do GES de Curtis, dos axentes da Garda Civil e dos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do municipio.

Pouco despois, o helicóptero medicalizado con base en Santiago tomaba no lugar para prestar atención médica e evacuar ao ferido. Ata o punto tamén se desprazou unha ambulancia.

facebook twitter instagram