Noticias destacadas no período comprendido entre as 12:00 e as 18:00 horas

Bate co seu vehículo contra unha árbore en Padrón e recibe axuda dos bombeiros

A única ocupante do turismo recibiu axuda dos bombeiros para saír do vehículo.

Ocorreu pouco despois das cinco desta tarde na parroquia padronesa de Cruces, cando o 112 Galicia atendeu a chamada dun alertador que solicitaba a colaboración dos equipos de emerxencia para liberar a unha persoa. Segundo explicou tiña a perna atrapada e era incapaz de saír polos seus propios medios do coche. 

Así, os xestores do 112 Galicia avisaron aos Bombeiros de Boiro e aos membros do GES de Padrón, quen, de forma conxunta, sacaron a única ocupante do vehículo. Deste xeito, puido recibir os primeiros coidados do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 antes do traslado ao Hospital Clínico de Santiago con diversas lesións de importancia en brazo e perna.

Neste operativo, tamén participaron as forzas da orde: Garda Civil de Tráfico e Policía Local.

facebook twitter instagram