domingo, 14 Outubro, 2018
Os servizos de emerxencias traballan arestora na extinción dun lume declarado no interior dunha nave industrial en San Cibrao das Viñas.
Foron varios os particulares que percibiron o fume e chamaron ao 112 Galicia cando ían dar as sete desta tarde. A partir de aí, activouse un operativo no que participan os bombeiros do Polígono e ao que se foron sumando os membros do GES de Pereiro de Aguiar e unha dotación dos Bombeiros de Ourense, aínda que non se descarta que se poidan unir máis medios e recursos.
Os efectivos de emerxencias que xa traballan no punto indican que hai preto outra nave de electrodomésticos, que, de momento, non resultou afectada. Tampouco hai constancia de danos persoais.