Imaxe escoitar Escoitar

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, recolleu o premio en nome da AXEGA

O xurado destacou o labor da AXEGA, que contribúe a evitar o minimizar danos cando se produce unha emerxencia

A comisión tamén puxo en valor o traballo en materia de planificación, coordinación e prevención do CIAE 112 Galicia

A Axencia Galega de Emerxencias obtivo o galardón ao Progreso e Desenvolvemento do Seguro que outorgou a Fundación Inade, no marco dos Premios Galicia Segura 2022.

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, recolleu o premio en nome da AXEGA, cuxo labor destacou o xurado polo seu traballo en materia de información, formación e subministro de medios materiais que contribúen a evitar ou minimizar danos cando se produce unha emerxencia.

Tamén resaltou o seu papel na colaboración en simulacros, que permiten avaliar as medidas de prevención necesarias para diminuír riscos, así como as alertas de meteoroloxía adversa para evitar danos maiores. Ademais, o tribunal salientou a intervención da AXEGA nos importantes incendios industriais rexistrados nos últimos meses.

A comisión tamén puxo en valor o labor do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, desde onde se planifican e coordinan os plans e programas de prevención e de emerxencias e se mobilizan os efectivos e recursos precisos ante unha incidencia.

 

 

facebook twitter instagram