
- Vístete por capas: mellor moitas prendas lixeiras e folgadas que unha grosa. Deste xeito, o aire circula e funciona de illante
- Especial atención aos máis vulnerables: maiores, nenos, enfermos crónicos...
- Boca e nariz ben tapados e o calzado que sexa axeitado para evitar caídas en zonas esvaradías
- Mellor saír á rúa nas horas centrais do día
- Quenta a casa de maneira segura
- Deixa correr un fío de auga polas billas
- Apaga todo cando vaias durmir
- Na rúa, evita circular baixo os edificios debido ao risco que poida ocasionar a formación de carambelos