Imaxe escoitar Escoitar

Unha colisión múltiple saldouse cun varón ferido en Nigrán

Un home resultou ferido onte nun impacto entre tres vehículos en Nigrán. O accidente tivo lugar na PO-552, no Alto de Mallón. Unha persoa particular alertaba ao Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia ás 19:50 horas. O varón tivo que ser trasladado por Urxencias Médicas ao PAC de Nigrán.

O CAE 112 Galicia pasou o aviso, tamén, á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico, ao GES de Valmiñor e ao servizo de mantemento da estrada.

 

Un incendio rexistrado nunha vivenda de Narón provoca danos materiais no seu interior

Un incendio rexistrado nunha vivenda de Narón provocou onte danos materiais no interior do inmoble. Os feitos se produciron na parroquia de Doso, no lugar de Pouso. O lume afectou á parte superior da casa, onde os propietarios tiñan varios electrodomésticos, que remataron calcinados. O falso teito tamén ardeu. Nese momento ninguén se atopaba na vivenda.

Unha veciña informaba do incendio ao 112 Galicia ás 19:30 horas. Decontado, unha dotación dos Bombeiros de Ferrol, os efectivos do GES de Mugardos  e persoal de Protección Civil de Neda, alertados polo CAE 112 Galicia, achegáronse ata o punto. Os Bombeiros comezaron as labores de extinción, sen embargo, tiveron que deterse pola negativa dos propietarios a que interviñesen. A Guarda Civil entrou no inmoble e constatou que quedaban tres puntos de calor. Así as cousas, os propietarios insistiron en que xa se encargaban eles. Finalmente, tras comprobar que non existía perigo para outras vivendas, os efectivos de emerxencias retiráronse. Os Bombeiros de Narón foron informados pola Policía Local e quedaban á espera por si fosen necesarios.

facebook twitter instagram