Imaxe escoitar Escoitar

A salvo os animais dunha explotación agrícola de Lalín tras producirse un incendio

Un incendio nunha explotación gandeira situada en Goiás, no concello de Lalín, deixou importantes danos materiais. Iso si, os propietarios, en colaboración cos servizos de emerxencia alí desprazados, lograron sacar a tempo os animais do seu interior, polo que ningún, resultou afectado. Ardeu un tractor, unha empacadora e varios rolos de herba almacenados no interior do inmoble.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (CIAE) tivo constancia do incendio ao fío das 02:00 horas desta madrugada, grazas á chamada de varios particulares.

Nada mais recibir a alerta, os profesionais do CIAE puxeron en marcha un dispositivo no que participaron os Bombeiros do Deza, membros do GES de Lalín e a Garda Civil.

Ademais, ante a inseguridade de que algunha persoa se puidese ver afectada, púxose en alerta ao 061- Urxencias Sanitarios que afortunadamente, non foi precisa a súa intervención. Tamén, informouse da situación ao servizo de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Pasadas as 07:00 horas, os Bombeiros confirmaron a total extinción do lume,  do que polo momento, descoñécense as causas.

 

Extinguido un incendio que calcinou unha nave agrícola en Trasmiras

En Trasmiras (Ourense), ardeu esta noite unha nave agrícola. Aínda que a media noite o lume xa foi sufocado, os Bombeiros de Xinzo continuaron ata primeiras horas desta mañá no lugar, para asegurarse da súa total extinción. Segundo indicaron, tratouse dunha nave agrícola de uso privado con maquinaria e gran cantidade de madeira no seu interior. No momento de producirse o incendio non había animais.

Sobre as 02:00 horas desta madrugada un particular alertou ao 112 Galicia. No seu relato  indicaba que escoitara un estoupido  e que vía arder algo pero non sabía precisar o que, exactamente.

A partir de aí, dende o 112 pasouse o aviso aos Bombeiros de Xinzo que decontado se desprazaron ao punto.  Tamén, axentes da Garda Civil –que xa tiñan constancia do suceso- se achegaron  ata o lugar nada mais ser alertados. No transcurso da chamada, o alertante posto de novo en comunicación có persoal do CIAE, asegurou que se trataba do estoupido dunha bombona no interior dunha cuadra de animais.

Ao fío das 08:30 horas, os Bombeiros daban por finalizadas as tarefas de extinción. Confirmaron ao 112 Galicia que ardeu a nave na súa totalidade, con maquinaria agrícola e moita madeira. Polo momento, descoñécense as causas da orixe do lume. 

facebook twitter instagram