Imaxe escoitar Escoitar

Un ferido leve tras colidir por alcance cinco turismos na Autovía, en Mos

Unha persoa resultou ferida –de carácter leve- tras verse implicada nunha colisión múltiple. O accidente ocorreu na A-55, na coñecida como “curva dos Molinos”, dirección Vigo, no termo municipal de Mos. Tras recibir a alerta dun particular, ás 08:45 horas desta mañá, o 112 Galicia informou aos axentes de Tráfico, aos  efectivos de Protección Civil e aos Bombeiros de Baixo Miño.

Nada mais chegar ao punto, os membros de Protección Civil indicaron ao 112 Galicia que, aínda que non parecía revestir gravidade,  unha persoa fora trasladada ao Hospital Fátima de Vigo.

Accidente en Lugo
Tamén, ás 10:30 horas desta mañá, o CIAE era informado doutro accidente. Neste caso, tratouse dunha colisión entre dous turismos que circulaban pola estrada da Fonsagrada, na cidade de Lugo. Segundo datos facilitados ao 112 Galicia, unha muller embarazada resultou ferida.

Tras o aviso, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (CIAE) decontado, requiriu a intervención do persoal sanitario. Así mesmo, informou do suceso á Garda Civil de Trafico, aos Bombeiros da cidade e aos efectivos de Protección Civil de Lugo.

 

Un operario resulta ferido tras sufrir unha caída na Coruña

Un operario resultou ferido esta mañá despois de sufrir unha caída na empresa para a que realizaba o seu traballo, situada no Polígono da Grela. Ás 09:50 horas persoal do 061 informaba ao CIAE do suceso, indicaban que a persoa sufrira un traumatismo nunha perna e que unha ambulancia xa se dirixía ao punto.

A partir de aí, o 112 Galicia informou aos axentes da Policía Nacional, aos Bombeiros e efectivos de Protección Civil herculinos.

 

facebook twitter instagram