Imaxe escoitar Escoitar

Unha muller embarazada resultou ferida nun incendio en Becerreá

Un incendio rexistrado ás 15:15 horas en Becerreá saldouse cunha muller ferida. O lume localizouse no primeiro piso dun edificio situado na Avenida de Madrid.

Segundo se lle indicou ao CAE 112,  a orixe do incendio produciuse cando os inquilinos intentaron acender a cociña con gasolina. Por mor do lume, arderon varias pertenzas. O fume afectou a vivenda por completo e estendeuse polo edificio, o que obrigou a desaloxar o inmoble.

A muller, que está embarazada, foi trasladada por Urxencias Médicas ao Hospital Universitario Lucus Augusti. Presenta varias queimaduras nas extremidades superiores.

Dende o Centro de Atención ás Emerxencias informouse, tamén, ós Bombeiros de Sarria e ao GES de Becerreá. Ademais mantivéronse comunicacións coa Garda Civil.

 

Un home foi trasladado en helicóptero tras a mordedura dunha serpe  en Boiro

Un helicóptero tivo que evacuar  un varón en Boiro tras recibir a picadura dunha serpe. Os feitos tiveron ás 13:00 horas, nunha zona de monte no lugar da Armada, na parroquia de Bealo. A parella do ferido contactou co CAE 112 informando dos feitos.

Ata o lugar desprazouse o helicóptero medicalizado con base en Santiago para trasladar o home.

O Centro de Atención ás Emerxencias púxose en contacto con Protección Civil e Urxencias Médicas. Tamén foi posto en coñecemento a Garda Civil.

facebook twitter instagram