Escoitar

Unha muller ferida nunha colisión entre dous turismos na Coruña

Unha colisión entre dous turismos saldouse esta tarde cunha muller ferida na Coruña.  Por mor do choque,  un dos coches implicados deu varias voltas de campá. Os feitos tiveron lugar na parroquia de Viñas, concretamente no lugar da Grela. Unha persoa particular informou ao 112 Galicia dos feitos ás 15:45 horas.

O CAE 112 púxose en contacto con Urxencias Médicas. Un equipo sanitario dirixiuse ao punto do accidente e trasladou á muller ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

O Centro de Atención ás Emerxencias dispuxo o operativo contactando, tamén, cos Bombeiros da Coruña e Protección Civil. Ademais informouse á Policía Local e Garda Civil de Tráfico.

 

Un rapaz ferido ao ser atropelado en Boiro

Un neno de once anos resultou ferido ao ser arrolado por un vehículo esta tarde en Boiro. Como consecuencia do impacto, o rapaz sufriu feridas nas extremidades inferiores. Os feitos tiveron lugar á altura do colexio Praia Xardín. Segundo se lle indicou ao CAE 112, o suceso ocorreu ás 14:00 horas.

Un equipo sanitario de Urxencias Médicas trasladou ao neno nunha ambulancia ao centro sanitario máis próximo.

O 112 Galicia informou sobre o acontecido aos Bombeiros de Boiro e Protección Civil. A Policía Local tamén foi posta en coñecemento do atropelo.

facebook twitter