Imaxe escoitar Escoitar

Un home, excarcerado despois de colidir contra un muro o coche no que circulaba en Barro

Un home resultou ferido esta tarde en Barro ao saírse da vía o turismo no que viaxaba. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, a vítima tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Ribadumia despois de que o vehículo no que circulaba rematase accidentado contra un muro.

O sinistro ocorreu na N-550 no lugar de Lourido, na parroquia de Perdecanai, ao fío das 16:10 horas. Nese momento, o 112 Galicia recibía a alerta do accidente a través do 061-Urxencias Sanitarias.

Decontado, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasábase o aviso aos membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Ribadumia, aos voluntarios de Protección Civil de Barro e á Garda Civil de Tráfico.

facebook twitter instagram