Imaxe escoitar Escoitar
xoves, 23 Maio, 2019

Unha colisión frontal ocorrida esta tarde na Baña saldouse con cinco persoas feridas, que tiveron que ser trasladadas a un centro hospitalario.

O accidente tivo lugar en Ordoeste, na estrada que une Negreira e Pereira e, para manter as condicións de seguridade dos demais vehículos, foi necesario cortar o tráfico na vía.

Sucedeu uns minutos despois das 16:15 horas, momento en que unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para alertar do sinistro.

Nada máis ter constancia, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Santa Comba e da Garda Civil de Tráfico.

Convén destacar que, para a atención das persoas feridas, descartouse empregar o material de excarceración, xa que as vítimas encontrábanse accesibles.

 

facebook twitter instagram