
Presentamos aquí uns conselliños rápidos para facer fronte ao frío e aumentar a seguridade:
- Infórmate da previsión do tempo e consulta o estado das estradas a través da DXT
- Vístete por capas: mellor moitas prendas lixeiras e folgadas que unha grosa. Así, permitimos que o aire circule e funcione de illante.
- Quenta a casa de xeito seguro. Se xa tes feito o mantemento da cheminea, temos moito adiantado e en calquera caso lembra apagar todo cando vaias durmir.
- Protexe a maiores, cativos, enfermos crónicos, etc. dos cambios repentinos de temperatura.