Escoitar
sábado, 16 Abril, 2022

Dúas persoas necesitaron asistencia ao presentar síntomas de intoxicación por inhalación de fume tras declararse un incendio na cociña dun piso en Oleiros, na Avenida de Rosalía de Castro.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, ardeu a campá extractora da estancia, que prendeu polo lume dunha tixola. Ademais, o mobiliario da cociña tamén se viu afectado xunto co resto da vivenda, que quedou danada polo fume. Por outra banda, as dúas persoas afectadas foron trasladadas ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Ao fío das dúas menos cuarto desta tarde, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do incendio.

Axiña, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso aos Bombeiros de Arteixo, a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Local e ao Servizo de Emerxencias de Oleiros, que interveu para rescatar ás dúas persoas que se atopaban na vivenda, sufocar as lapas e comprobar as condicións de seguridade nos demais pisos do inmoble.