Imaxe escoitar Escoitar
domingo, 2 Outubro, 2022

Por mor do impacto, as dúas persoas que viaxaban no vehículo tiveron que ser trasladas ao Hospital da Costa.

Os feitos sucederon nas proximidades da catedral, ás 18:00 horas.

O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente, nese momento, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e, acto seguido, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasouse o aviso aos Bombeiros de Barreiros, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.

Un vehículo atropelou a dúas persoas na Coruña
Por outra banda, un home e unha muller foron alcanzados por un vehículo na Rúa do Monasterio de Bergondo.

Así indicárono varias persoas particulares, que contactaron co 112 Galicia ás 18:30 horas.

A partir de aí, o persoal do CIAE 112 Galicia puxo a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e da Policía Local.

facebook twitter instagram