Imaxe escoitar Escoitar
luns, 28 Maio, 2018

Un condutor resultou ferido esta mañá na localidade coruñesa de Ordes despois de saírse da vía  e impactar contra un poste de telefonía. 

O accidente ocorreu sobre as 07:45 horas cando o condutor circulaba co seu vehículo pola estrada que une Ordes e Cerceda. A esa hora, un particular poñía os feitos en coñecemento do persoal do 112 Galicia. Indicaba que se trataba dunha saída de vía co seu condutor  ferido e accesible, pero aínda así, os Bombeiros de Ordes, tras ser informados polo 112, desprazáronse ata o lugar para prestar colaboración, ao tratarse dunha zona con moi pouca visibilidade. De igual xeito, dende o 112 Galicia requiriuse a intervención do persoal sanitario do 061-Urxencias Sanitarias, dos axentes de Tráfico, da Policía Local e a dos efectivos de Protección Civil.  

Unha vez no punto, os Bombeiros confirmaron que a persoa estaba accesible -no interior do vehículo- pero foi preciso, igualmente,  o uso do material de excarceración para poder evacúala. Indicaron ademais, que debido ao impacto, o poste de telefonía partiu pola metade quedando suxeito polos cabres de alta tensión.Por iso, tamén se solicitou  a intervención do persoal do servizo de mantemento da estrada e da compañía de telefonía. 

O ferido foi trasladado nunha ambulancia do 061 ao centro hospitalario de referencia. 

facebook twitter instagram