Escoitar
xoves, 12 Setembro, 2019

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, pasados dez minutos das 12:00 horas deste mediodía, recibiu a chamada dun alertante que informaba do achado. Indicaba que a embarcación que o avistara se atopaba neses intres a milla e media de Portocelo.

Decontado, os xestores do CIAE puxeron os feitos en coñecemento do servizo de Salvamento Marítimo e do servizo de Garda Costas de Galicia. Así mesmo, informaron da situación á Garda Civil e ao GES da Guarda.

Arestora, os servizos de emerxencia traballan no rescate da persoa e investigas as causas do achado.

facebook twitter