A xeografía, o clima e a riqueza natural e industrial de Galicia convértena nun enclave único, no que se pode gozar de moitísimas vantaxes. Sen embargo, estas vantaxes que incrementan o noso benestar e calidade de vida, teñen asociados unha serie de riscos. Os riscos cos que convivimos a cotío teñen tres orixes: a natureza, o home e a tecnoloxía.
Os riscos naturais son aqueles que dependen de factores xeográficos e climáticos. En xeral, producen illamento de núcleos de poboación e danos no medio e nos bens. En Galicia pódense producir os seguintes riscos naturais:
- Nevadas
- Inundacións
- Riadas
- Xeadas
- Temporais
- Choivas torrenciais
- Sismos
- Derrubamentos, avalanchas, corremento de terras
- Seca
Os riscos antrópicos son os provocados polo home e adoitan ir asociados a grandes concentracións humanas como:
- Romarías
- Espectáculos culturais, deportivos, relixiosos, etc.
- Grandes superficies de venda
- Estadios de fútbol, pavillóns deportivos, etc.
Outros riscos antrópicos van ligados a actitudes indiscriminadas do home como:
- Incendios urbanos
- Incendios forestais
Os riscos tecnolóxicos son os propios das sociedades desenvolvidas e do progreso industrial como:
- Os de orixe química
- Os que comporta o transporte de mercancías perigosas
- Os accidentes por transporte de viaxeiros
- Os de orixe nuclear
- A falta de subministracións básicas:
> Luz
> Auga
> Gas
OS RISCOS COS QUE CONVIVIMOS A COTÍO TEÑEN TRES ORIXES: A NATUREZA, O HOME E A TECNOLOXÍA.